Auga

O Consorcio do Louro lanza unha aventura coa Cuadrilla Sostible

Trátase do 6º concurso de debuxo infantil

Cativada coñece o laboratorio da EDAR de Guillarei, nunha visita guiada ás instalacións na última xornada de portas abertas.   | // D. P.

Cativada coñece o laboratorio da EDAR de Guillarei, nunha visita guiada ás instalacións na última xornada de portas abertas. | // D. P. / l. c.

l. c.

Son amigos, aman a natureza e teñen unha misión: protexer a auga e mellorar o mundo. Eles son os integrantes da Cuadrilla Sostible, os personaxes da historia na que se sustenta o concurso de debuxo infantil organizado polo Consorcio de Augas do Louro, dirixido a escolares de 3º e 4º de Educación Primaria.

Precisamente ao longo desta semana, persoal de Aqualia estivo entregando as bases da sexta edición deste certame a todos os colexios dos catro concellos integrantes do Consorcio (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui). Todo o alumnado que así o desexe poderá participar realizando un debuxo no que quede reflexado o coidado da auga e do medio para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Os traballos deben xirar arredor do conto, no que a Cuadrilla Sostible realiza a ruta Aquaventura a bordo do Aquabús, descubrindo os seis ecosistemas: montañas, polos desertos, zonas húmidas, estepas e sabanas; e en cada etapa coñecen ademais cada unha das seis fases xestión do ciclo integral da auga: captación, tratamento, almacenamento, distribución, saneamento e depuración

O prazo de entrega de propostas remata o 5 de xuño de 2023, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Todos os traballos serán valorados por un xurado que será o que conceda os premios, proclamarase un gañador en cada un dos catro concellos, galardoado cunha tableta, e dous finalistas tamén en cada municipio, cuxo premio consistirá nun reloxo dixital.