Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nigrán instala unha caseta para o surf adaptado

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

l. c.

[Nigrán]

A aposta do Concello de Nigrán polo surf inclusivo en Patos trasládase tamén a novas infraestruturas na praia. Deste xeito, o Concello vén de instalar unha caseta adaptada no aparcadoiro da praia de Abra para que estes deportistas a poidan empregar como os seus propios vestiarios. A petición partiu do Quenlla Surf Club, entidade dedicada a facilitar a práctica de surf a persoas con diferentes tipos de discapacidade e cuxa escola se atopa xusto en fronte, por iso a elección desta localización.

A maiores, o Concello contratou a decoración exterior ao artista e emprendedor Gonzalo Gómez Sala, creador da marca ‘DeGonza’ e coñecido por expresar a súa creatividade, visión e realidade cos seus debuxos ante a dificultade de comunicarse verbalmente.

Tracking Pixel Contents