Baiona
Daniela Rial gaña o primeiro certame de poesía Respira!
A alumna de 5º do CPI de Cova Terreña álzase co galardón na categoría de Educación Primaria

Daniela, en primeiro plano, cos seus compañeiros, de fondo. | // FDV
l.c.
Daniela Rial Estévez proclamouse gañadora da primeira edición do certame de poesía Respira!, convocado polo Festival Alguén que respira!, que organiza o Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de fomentar a poesía no impulso das ideas e facer do galego un idioma de intercambio cultural.
Daniela cursa 5º de Educación Primaria no CPI de Cova Terreña de Baiona e xunto con outros tres estudantes, gañadores doutras tantas categorías, recolleu o premio nun acto celebrado na capital galega, a onde acudiu acompañada dos seus pais, a directora e a xefa de estudios do colexio e a súa titora.
De xeito paralelo, o centro organizou outro acto de conmemoración, coincidindo tamén co Día da Poesía, onde se recoñeceu o seu galardón e que contou coa presenza da concelleira de Cultura do Concello de Baiona, Miriam Costas, quen destacou na súa intervención “o labor que se fai dende o colexio e todo o claustro do profesorado, impulsando proxectos participativos que axudan ao alumnado a crecer”. Así mesmo, a edil trasmitiu os parabéns de parte do Concello de Baiona e, os seus propios, a Daniela e aos seus pais, presentes no acto, por apoiar á súa filla nestes proxectos, así coma a todo o alumnado que participou no certame. Durante o acto, Daniela Rial Estévez, deu letura do seu poema gañador.
- Desmantelada una red que traficaba con el ansiolítico Rivotril en Cangas y Vigo: un detenido y médicos de centros de salud y psiquiatras, entre los 16 investigados
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Las primeras furgonetas camper en serie de Galicia se fabrican en Baiona
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- Aparece en Marruecos un iPhone sustraído en una fiesta en Ourense: la dueña pagó 235 euros para recuperarlo
- Dueños exigen a inquilinos el abono del seguro de impago de alquiler en Vigo: «Es un abuso»
- La surrealista oferta de empleo a la que se enfrentó una camarera en Vigo: «Quiere que juegue al futbolín y me maquille todos los días»