Nigrán

Coñecen o ciclo de depuración da auga

Coñecen o ciclo de depuración da auga

Coñecen o ciclo de depuración da auga

O Concello de Nigrán e a empresa concesionaria Aqualia conmemoraron o Día Mundial da Auga con sendas visitas guiadas á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Condomínguez (Priegue).

En horario de mañá acudiu o persoal do CEE Juan María en prácticas de auxiliar administrativo no Concello e, pola tarde, os maiores do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas. En ambos casos puideron coñecer de primeira man o ciclo de depuración da auga e, posteriormente, desfrutaron dunha merenda nas propias instalacións.