Formamos

Centos de persoas achegáronse a Mos para orientar o seu futuro

Participaron na II Mostra de Educación e Formación

Autoridades asistentes á inauguración no stand do Celta.    | // D. P.

Autoridades asistentes á inauguración no stand do Celta. | // D. P. / l. c.

l. c.

Un gran escaparate formativo foi o que acolleu onte e antonte o pavillón Óscar Pereiro de Mos por onde pasaron centos de persoas, sobre todo mocidade, pero tamén adultos interesados no seu futuro profesional.

A segunda edición da Mostra de Educación e Formación do Concello de Mos, FormaMOS, contou con setenta expositores cun amplo abano de posibilidades, desde universidades, escolas superiores e de idiomas, centros de Formación Profesional (como o Colegio Lar ou o propio IES de Mos), academias profesionais de oficios, institucións deportivas (como o Celta), conservatorios de música, administracións públicas, bombeiros, exército, forzas armadas, policía local e garda civil, entre outros.

Os dous protagonistas da xornada inaugural foron sen dúbida Pedro García Aguado, medallista olímpico coa Selección Española de Waterpolo popular polo seu programa televisivo “Hermano Mayor”, que ofreceu unha conferencia tanto en FormaMOS como tamén no Colegio Lar, a alumnado e familias; e o xogador de moda do Celta Gabri Veiga, quen non parou de asinar autógrafos a pequenos e maiores.

Dende a organización cifrouse a asistencia nunhas 2.000 persoas e cualificaron o evento de “todo un éxito”.