A VI Andaina da Lamprea será de 12 quilómetros o 16 de abril

Ponte de San Xoan en Arbo.   | // FDV

Ponte de San Xoan en Arbo. | // FDV / D.P.

D.P.

Unha andaina previa a LXIII Festa da Lamprea forma parte das actividades de promoción dirixidas aos visitantes e a veciñanza. Arbo acollerá a sexta edición da súa tradicional Andaina da Lamprea o vindeiro domingo 16 de abril.

O roteiro, de dificultade media-alta, comezará na Praza do Concello ás 9.30 horas e conta con, aproximadamente, 12 quilómetros de percorrido. Trátase dunha actividade que permitirá coñecer a contorna natural do municipio, na que os camiñantes poderán relaxarse e evadirse contemplando “paisaxes espectaculares”, segundo explican desde a organización.

Ademais, o Concello agasallará a todos e todas as participantes cunha degustación de lamprea e viño das adegas de Arbo.

Os interesados en participar deberán inscribirse antes do 13 de abril, nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico arabomuseo@gmail.com ou na sede electrónica. Será necesario abonar 8 euros na conta municipal ES44 2080 5011 8530 40005379 e aportar a copia de pago na inscrición.