Patrimonio

Salvaterra recupera o Cruceiro do Casco

Quedará perimetrado con granito

Cruceiro do Casco, en Fornelos.   | // FDV

Cruceiro do Casco, en Fornelos. | // FDV / D.P.

D.P.

O Concello de Salvaterra de Miño, dentro da liña de posta en valor do seu patrimonio histórico e cultural, realiza traballos de limpeza e conservación do cruceiro do Casco, na parroquia de Fornelos, por un importe de preto de 5.000 euros, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.

As obras consisten na limpeza superficial do monumento utilizando medios manuais que respecten a pátina da pedra, a reparación da fenda que presenta o capitel na súa cara oeste, así como a substitución do perpiaño serrado que presenta a plataforma no vento norte, que será substituída por outra labrada a man, para posteriormente instalar un bordiño perimetral de granito que o protexa dos vehículos a motor.

Desta forma, mellorarase a estética e as condición de conservación deste ben cultural, ao tempo que se embelece e coida.