Gondomar

A historia da Casa Museo de Rosalía exponse na Praza Paradela

Pódese visitar ata finais do mes de marzo

Presentación da exposición.   | // FDV

Presentación da exposición. | // FDV / l. c.

l. c.

A Praza Paradela de Gondomar acolle, ata finais deste mes de marzo, a exposición “A Casa de Galicia”. A mostra fai un repaso pola historia da Casa Museo de Rosalía, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.

No acto de presentación estiveron Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, o alcalde Paco Ferreira e membros do goberno local.

Na súa intervención Anxo Angueira destacou que “a exposición estéa instalada nunha praza, a da Paradela, que antigamente foi un mercado e que foi recuperada para a xente cando se reformou”, á vez que remarcou que “a vinculación de Rosalía de Castro con Gondomar reforzouse coa magnífica praza recentemente inaugurada e que leva o seu nome”.

Pola súa banda, Paco Ferreira agradeceu “que a Fundación Rosalía elixira Gondomar para esta mostra” e anunciou que “a colaboración entre o Concello e a Fundación seguirá sendo constante e abordaremos outros proxectos conxuntos para seguir enxalzando a figura da nosa gran poeta”.