O Concello de Mos organiza unha xornada anual do asociacionismo

Encontro celebrado no Multiusos das Pozas.   | // D. P.

Encontro celebrado no Multiusos das Pozas. | // D. P. / l. c.

l. c.

Un encontro tipo networking no que se reúnan membros de todas as entidades e colectivos asociativos do municipio coa alcaldesa Nidia Arévalo, será o que celebre o Concello de Mos anualmente.

O primeiro dos encontros celebrouse fai unhas semanas no Multiusos das Pozas. A xuntanza daba continuidade ao programa que se viña realizando nos últimos anos co fin de escoitar ás agrupacións que traballan en Mos.

Tratouse dun momento de encontro ao que asistiron un total de 120 persoas membros de 70 colectivos mosenses, e no que se puxeron en común inquedanzas e necesidades. Participaron integrantes de entidades asociativas veciñais, deportivas, culturais, sociais, empresariais, comunidades de augas, de montes, etc. que puideron preguntar e suxerir á alcaldesa todas aquelas cuestións que consideraron oportunas.

Foi precisamente neste encontro onde se acordou organizar unha xornada anual do asociacionismo. Un sábado ao ano pasar o día xuntos todos os membros dos colectivos de Mos nun encontro no que sumar sinerxías e compartir experiencias.