Deporte

Arbo acollerá a Marcha BTT da Lamprea o 23 de abril

É unha proba non competitiva de 45 quilómetros que promociona a lamprea e o viño

A saída da Marcha BTT será na Praza do Concello.   | // FDV

A saída da Marcha BTT será na Praza do Concello. | // FDV / D.P.

D.P.

A Marcha BTT da Lamprea volverá celebrarse en Arbo o vindeiro domingo, 23 de abril. Será unha proba non competitiva, tanto para ciclistas federados como para afeccionados, de 45 quilómetros aproximadamente, que ten como obxetivo principal promocionar a gastronomía do municipio, a lamprea e o viño. Unha actividade deportiva enmarcada na programación da LXIII Festa da Lamprea que terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán inscribirse online na páxina web da Festa da Lamprea www.festadalamprea.gal. O prazo de inscrición finalizará o 19 de abril.

A saída será dende o Praza do Concello ás 9.30horas, o prezo por participar ascende a 10€euros e inclúe seguro, avituallamento, degustación de viño e lamprea de Arbo e agasallo recordatorio.

Os participantes contarán con seguro, avituallamento, agasallo e ao rematar a proba deportiva poderán degustar a lamprea e o viño das adegas de Arbo, para que marchen con bo sabor de boca.

Arbo está íntimamente ligado á lamprea e ao viño. Tal é a súa relevancia que, nesta localidade, o peixe e as uvas forman parte do escudo e da bandeira do municipio.

Esta unión mantívose na gastronomía local coa transmisión, de pais a fillos, de receitas como lamprea en empanada, lamprea á prancha, fritida e rebozada, guisada con fideos, entre outras.

Esta marcha de BTT, que cada ano atrae a máis participantes, servirá para quentar motores de festa a fin de semana antes da gran Festa da Lamprea 2023, a primera coa catalogacióin de Festa de Interés Turístico Internacional.