Naútica

Os mellores regatistas do mundo daranse cita este ano en Baiona

Celébrase do 18 ao 24 de setembro o Mundial J80 2023 y Serán 80 veleiros chegados de países dos 5 continentes

Unha das regatas celebradas polo Monte Real Club de Yates.   | // FDV

Unha das regatas celebradas polo Monte Real Club de Yates. | // FDV / l. c.

l. c.

Baiona prepárase para acoller o evento náutico do ano en Galicia. Será o Mundial J80 Baiona 2023 que se celebrará do 18 ao 24 de setembro. Tralo seu paso por Dinamarca (2021) e os Estados Unidos (2022), esta será a primeira vez que o campionato do mundo da clase recale en Galicia, unha comunidade que leva anos apostando por estes monotipos, cunha das flotas máis importantes de España.

Así, a vila mariñeira acollerá o vindeiro martes, 28 de febreiro, no Monte Real Club de Yates a presentación deste evento náutico, o máis importante que se celebrará en Galicia ao longo deste ano e un dos máis importantes de España.

Baixo a organización do histórico club baionés, as Rías Baixas reunirán, nesas datas de fin do verán e inicio do outono, aos mellores regatistas de J80 do mundo, que se disputarán esta gran cita internacional en 80 veleiros chegados desde diferentes países dos cinco continentes.

O presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, asegura que “unha cita tan prestixiosa porá o foco do mundo da vela en Galicia e volveremos a demostrar unha vez máis a capacidade do noso club para organizar grandes eventos e o potencial de Galicia para acoller competicións deportivas de máis alto nivel, ofrecendo aos visitantes unha contorna única”.

A promoción turística de Baiona en particular e de Galicia en xeral que se realizará cara todo o mundo a través deste evento, xunto coa desestacionalización do turismo e o impulso da economía son tres dos obxectivos desta gran cita deportiva, que chega ao Monte Real xusto un ano despois de que o club acollese as prestixiosas 52 SUPER SERIES.

O club baionés reafírmase así como un dos referentes na organización de grandes eventos na comunidade, e prepara xa o desembarco doutra gran competición en augas das Rías Baixas para 2024.

Ata entón, 2023 seguirá sendo o gran ano dos J80 en Galicia coa celebración do campionato do mundo en setembro, para o que se lanzou unha páxina web específica: https://www.j80worldsbaiona2023.com/ na cal se pode consultar todo sobre o evento.

Calendario deportivo

Previamente, o Monte Real acollerá os seus habituais trofeos nun calendario deportivo que se inaugurou fai uns días coa Liga de Inverno Baitra J80 e que volve a incluír, unha vez máis, os seus dous grandes clásicos: o Trofeo Conde de Gondomar (do 22 ao 25 de xullo) e el Trofeo Príncipe de Asturias (do 1 ao 3 de setembro), no que se volverán a entregar os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda (o 2 de setembro).

Antes destes virán o Trofeo CdeC (22 de abril), o Trofeo Repsol (29 abril – 1 maio), o Campionato Galego de A Dos – Trofeo MRW (10 de xuño) y despois a Liga de Outono de J80 (14 outubro – 16 decembro).

Tamén haberá sitio para regatas non competitivas, como a III Ruta Rías Baixas (3-8 xullo) , que tan boa aceptación tivo nas súas dúas primeiras convocatorias.