A lamprea une a Arbo e a Sainte-Terre
verónica palleiro
A lamprea é un elemento que teñen en común Arbo e a localidade francesa de Sainte-Terre, ao suroeste do país galo, na rexión de Nova Aquitania. A de Arbo péscase no río Miño e a de Sainte-Terre, no río Dordoña.
Ambos pobos celebran a súa “Festa da Lamprea” no mes de abril. A de Arbo é desde este ano Festa de Interese Turístico Internacional.
Ademais de seren pobos de pescadores e de lamprea, tamén teñen en común seren territorios vinícolas.
Por estes e outros puntos e común, o Concello de Arbo vai abordar en pleno no irmanamento de Arbo con Sainte-Terre.
Precisamente, Arbo recibiu recentemente a visita da alcaldesa de Sainte-Terre, Agnès Alfonso-Chariol, que visitou a Vila da Lamprea xunto a un membro da Irmandade da Lamprea, Gérard Spéranzini e dous pescadores de lamprea no río Dordoña-Sainte Terre, David e Sabine. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, e parte do goberno local, estiveron tamén arroupados pola directora xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro.
“Ambos lugares rendemos homenaxe a unha forma de vida que dá sentido a un territorio e a un sabor inconfundible que convida a viaxar no tempo e na vila de Sainte Terre, eses mesmos días celebran tamén a súa Festa da Lamprea, co mesmo sentimento” explicou o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
Arbo xa conta no seu libro de honra coa rúbrica da alcaldesa deste pobo galo, posible irmá no futuro.
O escudo, a lamprea, a festa da lamprea, o viño, o museo da lamprea e o río onde se pesca a lamprea son algúns dos moitos vínculos que os unen.
Para coñecer os costumes, a gastronomía, a tradición e todo o que envolve a lamprea en Arbo, prevese a visita dunha delegación de Sainte-Terre visita ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” e a degustación da lamprea ao “estilo Arbo” e na maneira seca preparada de distintas formas. Tamén descubrirán o traballo dos pescadores de lamprea de Arbo que conservan as artes tradicionais e sostibles.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- Arbomostra volve abrir os días 26, 27 e 28 de abril
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- As Músicas no Miño volven do 12 ao 15 de setembro