Pesca e gastronomía

Comezou a tempada nas pesqueiras de Arbo

Comezou a tempada nas pesqueiras de Arbo

Comezou a tempada nas pesqueiras de Arbo

As pesqueiras do río Miño xa teñen actividade. A tempada de pesca comezou o pasado 15 de febreiro e manterase ata o 16 de maio, ás 9.00 horas. Os pescadores levan días desplegando xa os seus vituróns e redes cabeceira. Pola súa parte, os restaurantes da localidade teñen listos os seus fogóns para preparar o peixe insignia de Arbo seguindo a receita única que se conserva no municipio e que numerosos visitantes tanto aclaman. As próximas semanas agárdanse numerosas reservas, máis que anos anteriores polo prestixio e o renome que ven de acadar a lamprea de Arbo ao conseguir que a Festa da Lamprea sexa de interese turístico internacional.