Alumnado de Mos fórmase sobre as enfermidades de transmisión sexual

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acudiu a actividade.   | // D.P.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acudiu a actividade. | // D.P. / V.P.

V.P.

O alumnado de 4º da ESO do IES de Mos participou nunha actividade de prevención de enfermidades de transmisión sexual organizada pola Concellería de Educación de Mos.

O VIH (virus da inmunodeficiencia humana) é unha infección de transmisión sexual, inda que tamén se pode adquirir o estar en contacto con sangue infectada. O VIH tamén se pode transmitir durante o embarazo. Esta enfermidade, debilita o sistema inmunitario interferindo na capacidade do corpo para loitar contra as infeccións e enfermidades.

O VIH, sen medicación, debilita o sistema inmunitario ata converterse na enfermidade da SIDA (Síndrome de inmudeficiencia adquirida). Non existe cura para o VIH ou SIDA, pero a medicación pode controlar ou previr o avance da enfermidade.

De ahí a importancia de dar a coñecer o alumnado esta enfermidade, moi coñecida e estigmatizada nos anos 90, e da que actualmente non se da formación sobre ela e non se fala dos riscos de contaxio.