Gastronomía

Concurso para elixir o cartel da Festa da Lamprea Seca en Arbo

O prazo rematará o 24 de febreiro

A Festa da Lamprea Seca en Arbo será o 13 de agosto.   | // FDV

A Festa da Lamprea Seca en Arbo será o 13 de agosto. | // FDV / D.P.

D.P.

O Concello de Arbo convoca unha nova edición do concurso “Brais Alonso”, vai xa pola súa decima, e ten como obxectivo deseñar o cartel anunciador da festa gastronómica da Lamprea Seca, que se celebra o segundo domingo de agosto na Carballeira de Turbela.

As propostas serán entregadas no soporte orixinal e electrónico á máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante. Ademais inclúe premios para os deseños máis orixinais, representativos e creativos. Outorgaranse dous premios: o primeiro de 400 euros e o segundo de 300 euros. O prazo para presentar as propostas finalizará o 24 de febreiro.

Asada, rebozada, rechea, con fideos e algunhas variedades máis foron as formas nas que se venderon as racións de lamprea seca na festa celebrada desde no ano 2022. O evento, que dada a gran popularidade durante tres días, goza da categoría de festa de interese turístico, outorgada pola Xunta de Galicia tras reunir os requisitos esixidos.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “tanto o concurso de carteis Brais Alonso como o que convocamos para a Festa da Lamprea están a experimentar un gran éxito, recibindo propostas desde diferentes partes de España”. Asegurou tamén que “estas dúas festas, xunto coa lamprea, son a principal marca identificadora que nos sitúa en Galicia e en todo o mundo”.