Literatura

A biblioteca recibe 3 libros sobre Monçao

A biblioteca recibe 3 libros sobre Monçao

A biblioteca recibe 3 libros sobre Monçao

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, recibiu tres libros para a biblioteca donados por José Adriano Oliveira Cruz, un veciño de Monçao, xubilado da banca, que decidiu dedicar o seu tempo á escritura e a investigación. A súa obra abrangue diversas institucións de Monçao. Cada unha levoulle entre 3 e 5 anos acabala. Desportivo, vida e obra o Desportivo de Monçao foi o seu primeiro libro en 2008; un repaso da historia do clube local dende a súa aparición no ano 1933. Banda Musical de Monçao, publicado en 2014 baixo o lema: 222 anos ao serviço da cultura, relata todo o proceso da súa formación e historia dende 1792. No 2021 foi editado o seu último libro, Memorias de Monçao, que repasa as distintas festividades do Concello dende o ano 1634, facendo fincapé en dúas especialmente como son o Corpus Christi e Festa da Coca.