Historia

Salvaterra inicia a prospección do xacemento dos Castros

Localizado en 2017 entre as parroquias de Lourido e Soutolobre tras os incendios

Un dos petróglifos achados en Salvaterra.   | // FDV

Un dos petróglifos achados en Salvaterra. | // FDV / V.P.

V.P.

O Concello de Salvaterra de Miño inicia os traballos de prospección superficial intensiva, sondeo valorativo e limpeza de gravado rupestre no xacemento de Os Castros que se encontran localizados entre as parroquias de Lourido e Soutolobre.

Foron moitos meses de investigación tras o seu descubrimento en 2017 que agora van dar os seus froitos. Os traballos iniciáronse no ano 2019 cando o grupo de goberno lle encargou ao arqueólogo Francisco Manuel Herves a valoración de varios achados que se descubriran despois dos incendios que afectaran a esta zona.

O que detalla o experto no seu informe é unha realidade arqueolóxica moi complexa, que dende esa data, se estivo analizando.

O investigado ata agora é un “multixacemento”. Son varias secuencias cronolóxicas e arqueolóxicas que se dan nese mesmo emprazamento.

A existencia de polo menos tres potenciais abrigos prehistóricos acompañados de distintos paneis de petróglifos. No traballo feito por petróglifo, un asentamento castrexo e descóbrese unha explotación aurífera de época romana. Ademais encóntranse elementos tardo antigos como sepulcros no entorno.

As actuacións que se están realizando nestes intres corresponden a unha prospección superficial e intensiva nunha área de afección de 200 metros co fin de determinar con exactitude o número de adscrición tipolóxica co fin de posibilitar unha percepción máis axustada a súa realidade arqueolóxica que nos permita acortar a súa extensión e proceder a súa protección.

Con este traballo a pretensión do Concello de Salvaterra é buscar apoio da Consellería de Cultura para seguir co traballo de campo en toda a zona e por en valor o gran patrimonio do xacemento localizado tras os incendios.