A biblioteca Luís Seoane de Soutomaior deu a coñecer as súas “cifras récord” acadadas o pasado ano 2022. Dende o Concello amósanse “orgullosos da xestión da nosa biblioteca municipal por onde cada semana pasan máis de 300 veciños e na cal se deron de alta a máis de 180 novos usuarios, dos cales a metade eran menores de 14 anos”.
Ademais de consulta e préstamo de exemplares, estas instalacións acollen ao longo de todo ano diversas actividades, como son as sesións de contacontos o último venres de cada mes, como foi a de onte impartida por Pavís Pavós, que contaron historias nas que os nenos son os protagonistas, ata os diferentes clubs de lectura.