Moda

A firma inclusiva JuanMariaByLolola, presente en Nasas

Foille cedido un local de xeito gratuíto | É a mellor embaixadora do “Nigrán para todos”

O alcalde Juan González co equipo de JuanMariaByLolola na tenda de Nasas Nigrán.   | // R. GROBAS

O alcalde Juan González co equipo de JuanMariaByLolola na tenda de Nasas Nigrán. | // R. GROBAS / D. P.

D. P.

JuanMariaByLolola, a firma de moda inclusiva do Centro de Educación Especial Juan María, estrea na comarca a súa propia tenda en con centro comercial Nasas Nigrán grazas á colaboración entre o Concello e o grupo promotor López Real 21. Este local contribuirá a reforzar enormemente este proxecto de formación dual nado no 2019 froito da colaboración entre a deseñadora Lola Rande e o Centro de Educación Especial situado na parroquia de Parada.

“Nasas contribuirá á consolidación de JuanMariaByLolola como marca e como empresa”, destaca o alcalde, Juan González, quen louva o talante social e solidario do grupo López Real 21. “A marca JuanmariaByLolola é a mellor embaixadora do ‘Nigrán para todos’ que estamos a construír, por iso considerábamos fundamental que contase coa súa propia tenda precisamente en Nasas, e nese sentido hai que dicir que a dirección do parque comercial acolleu a idea con entusiasmo e, de feito, o ceden”, subliña o rexedor. “Para nos é unha oportunidade marabillosa porque garante a continuidade de JuanMaríaByLolola e, de seguro, permite contratar a máis persoas con diversidade, porque compre recordar que o noso obxectivo é o beneficio social, non o económico”, destacan desde o centro educativo.

“Somos un grupo inversor amable onde o que importan son as persoas, por iso temos a nosa propia Fundación López Mariscal con proxectos de diferente tipo e, tendo en conta que estamos en Nigrán, tiñamos claro que queríamos colaborar de xeito directo con entidades como o CEE Juan María”, sinala o director xeral de López Real 21, José Antonio García.