A xa tradicional “Noite do Calacú” organizada pola Asociación de Veciños de San Bieito e San Sebastián chega este ano á súa décimo sétima edición, consolidando unha celebración que se remonta máis de medio século. Pero foi no ano 2004 cando a veciñanza retomou este evento que, a día de hoxe, é cita ineludible no Porriño por estas datas, entre o Samaín, o San Martiño e a época de magostos.

A festa, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, celebrarase este sábado, 5 de novembro, no remodelado paseo de San Bieito. As actividades comezarán ás 17.00 horas co obradoiro de calabazas para a cativada, que se desenvolverá ata as 19.00 horas.

Ás 19.30 horas chegará un dos momentos máis sentidos, o do nomeamento da Dama e do Cabaleiro do Calacú, recoñecemento que este ano recae sobre Tere e Telmo, Teresa Palacín e Telmo Pereiro, veciños do barrio. De seguido, sobre ás 20.00 horas, comezará o Desfile do “Gran Calacú” polo percorrido de costume.

O broche final como cada ano será un gran magosto, onde ademais de castañas e viño haberá tamén chocolate con churros e no que non faltará a animación musical.