Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gastronomía

Degusta pinchos e tapas por un euro no Porriño

37 locais protagonizan esta ruta os venres e sábados do mes de novembro

Alcalde, concelleiros e hostaleiros participantes na ruta D-gusta Porriño.  | // D. P.

Alcalde, concelleiros e hostaleiros participantes na ruta D-gusta Porriño. | // D. P. / l. costas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Porriño]

Addiction de porco sobre redución de salsa con especias; pankodrilo espetado; selección de pizzas; delicia de xamón asado tentador; mini arepas e empanadas de raíña, aguacate, polo e carne; bolborepas; trío de chourizo, ovo e patacas, bocatín de lombo con queixo e pementos; bombiña galega; ninihamburguesa con queixo; gula negra con ovo de paspallás e pan tostado de allo; táboa de queixos do país con pan do Porriño; cazoliña turca; arroz con carne; albóndegas vexetais con salsa romesco; tostas elcincuentaicinco; lombo Galibar; pintxo de pementos piquillo recheos de queixo; aliñas á grella con patacas ao forno á provenzal; bocatín La Bici; potaxe de feixóns con verduras”; queso crema con anchoas y cherry; saquiño con sorpresa; brochetín; bocadiños de pasta filo de outono; patacas Lar de Lore; zamburiña á galega; triángulo caramelizado; ovos rotos con zorza; gancho pincho; albóndegas con arroz; cortiza segredos; o brochetazo: polo do curral con pataca da terra; pincho New Classic; niño de gambas con choiva de coco; costeliñas de porco á grella e zorza de polo con arroz. Son os 37 pinchos e tapas que conforman a primeira ruta D-gusta Porriño organizada pola Asociación de Hostaleiros do Porriño (AHOSPOR) en colaboración co Concello do Porriño e coa Xunta de Galicia

Así, dende onte e ao longo do mes de novembro, todos os venres e sábados, entre as 19.00 e as 23.00 horas, 37 establecementos hostaleiros da vila participan da iniciativa ofrecendo cadansúa especialidade ao prezo dun euro.

Premios

Todas as persoas que participen poderán entrar nun sorteo de once vales: un de 500 euros e dez de 50 euros para gastar no comercio e nos bares e restaurantes da vila. Para iso deberán reunir catro selos que poden obter consumindo o pincho dalgún dos locais adheridos á ruta.

TEMAS

Tracking Pixel Contents