O alumnado de 2º da ESO do IES de Mos participou, no pavillón Óscar Pereiro, nunha xornadas de introdución á tecnoloxía dron, da liga Maker Drone, unha competición de drones única en Galicia.

A Fundación Barrié e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia presentan a segunda edición desta competición co fin de estimular o interese pola tecnoloxía entre os estudantes. Trátase da primeira liga autonómica escolar de España que formula o reto de deseñar e programan un sistema operado por un dron que permita resolver un problema social actual.

Comezou en outubro cunha sesión online de presentación e estas xornadas de formación teórico-práctica inicial, con talleres tecnolóxicos e de pilotaxe de drons, e prolongarase ata o 5 de maio de 2023, cando teña lugar a xornada de exhibición, a final na que se demostrará as solucións tecnolóxicas presentadas por cada un dos 18 equipos que participan nesta segunda edición, os cales se enfrontan a un novo reto tecnolóxico que porá a proba a súa creatividade, o seu enxeño e a capacidade para traballar en equipo

A participación na liga Maker Drone é gratuíta e supón unha dedicación mínima de 30 horas. A organización facilita os materiais e recursos, así como a formación necesaria para pilotar o dron e desenvolver a solución tecnolóxica ao reto.