Comercio
A Nova Feira da Cañiza, nova cita mensual na Paradanta
A próxima edición será o domingo 16 de outubro e incluirá unha actuación musical e áreas temáticas

Produtos cárnicos. | // FDV / D.P.
D.P.
O Concello da Cañiza acollerá o vindeiro domingo, 16 de outubro, unha nova edición da súa “Nova Feira”, que se celebra cada antepenúltimo domingo de mes. Nesa nova edición haberá actuación musical.

Xoias e accesorios. | // FDV / D.P.
Este novo mercado mensual celébrase na Cañiza desde o mes de xullo nas rúas Regueiro, Vilanova, Oriente, Carme, Antonio Facorro, Rosalía de Castro, Travesía do Mercado, Prazas de Arbo e Maior.

Pan de millo e rosquillas. | // FDV / D.P.
Postos de pan de millo e de trigo, rosquillas e doces, produtos cárnicos, xoias e accesorios, creacións artísticas ou queixos e mel son algunhas das propostas á veda para a veciñanza e os visitantes.

Creacións artísticas. | // FDV / D.P.
O Concello reorganizou este mercado en catro áreas temáticas e cada unha estará localizada nunha rúa da vila. Na Travesía do Mercado os produtos ecolóxicos, na rúa do Carmen os de artesanía, na Praza Maior as antigüidades e no resto das rúas os produtos xenéricos. “Busca ser un activo máis e impulso da economía local” explica o rexedor, Luis Piña.
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- Las zonas de bajas emisiones ya son una realidad en Vigo: así funciona la primera fase y vehículos afectados
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- El norte de Portugal reclama 300 millones en infraestructuras y pone el puente con A Guarda entre sus prioridades
- Abel Caballero reprende a Rafael Louzán por sembrar dudas con la sede de Vigo para el Mundial 2030: «Estamos mejor que otros»
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego