Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

Moaña celebra mañá a súa XIII Feira Ecoartesá

Medio cento de postos ofrecerán produtos ecolóxicos, de segunda man e antigüidades no Paseo Marítimo en horario continuado de 11.00 a 21.00 h

Última edición da Feira Ecoartesá de Moaña, celebrada o pasado mes de maio.   | // GONZALO NÚÑEZ

Última edición da Feira Ecoartesá de Moaña, celebrada o pasado mes de maio. | // GONZALO NÚÑEZ / l. c.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

l. c.

[Moaña]

Co outono chega unha nova cita coa Feira Ecoartesá de Moaña. Son dúas as datas no ano na que, dende 2015, se celebra este evento que reúne a numerosas persoas nesta vila do Morrazo, en primavera e agora coa caída da folla.

Palco para as actividades infantís e actuacións musicais.   | // FDV

Palco para as actividades infantís e actuacións musicais. | // FDV / l. c.

A mostra de produtos ecolóxicos, artesáns e de agricultura sustentable traerá mañá domingo, día 9, medio centos de postos á zona paseo marítimo e na contorna do palco da música. Neles ofreceranse dende obxectos de segunda mal e reciclados ata auténticas antigüidades.

En concerto, nesta décimo terceira edición, haberá postos con produtos da hora (de km 0), mel, especias, froitos secos, repostería saudable, pan e empanadas, xabóns e cosmética natural, xoguetes e instrumentos artesáns, pratería, artesanía en coiro, produtos de segunda man (libros, discos...), antigüidades e non faltará tampouco unha polbeira para a hora do xantar.

E é que a Feria Ecoartesá de Moaña celébrase ao longo de todo o día, dende as 11 da mañá ata as 9 da noite, en horario ininterrompido e, de xeito paralelo, con diversas actividades de lecer para toda a familia, infantís e actuacións musicais para amenizar a xornada.

O grupo de pandereteiras Salgharitas tocarán na sesión vermú, a partir das 12.30 horas. Xa pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas a asociación Trebellos impartirá unha serie de obradoiros dirixidos aos máis pequenos da casa, nos que realizarán manualidades con material de refugallo e follas secas. Antes, a partir das 16.00 horas, abrirase un espazo para montar e fotografar cabalos a cargo da asociación ADOC Cabaleiros de Moaña.

A media tarde, representación do espectáculo de clown e escapismo “A vida tola” da man de Pajarito, ás 18.00 horas. E a continuación, ás 19.00 horas, como broche de ouro da xornada actuación do grupo 2 con 2.

Tracking Pixel Contents