O Concello de Nigrán dará un paso máis na posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico divulgando oito dos seus petroglifos máis notables. Con este obxectivo investirá preto de 10.000 euros na restauración, desbroce, realización de calco 3D e sinalización dalgúns dos gravados máis notables e mellor conservados do municipio. Concretamente son o de Chan de Rapadouro e Rabete (Chandebrito), Monte Eiró (Parada), Penisas Pequenas e do Duque (Panxón), Currelo, Outeiro Grande ou Requeixadas (Priegue) e Piñeiros (Camos). Todos eles están sen sinalizar, agás o do Monte Eiró, pero o panel atópase en mol mai estado e precisan da súa limpeza e restauración.

Turismo

“Queremos amosar a riqueza arqueolóxica que ten Nigrán ao tempo que preservamos os xacementos. Ademais, sumaranse ás rutas de sendeirismo que establecemos no 2018 ampliando así as posibilidades turísticas do municipio e dándolle un pulo non estacional”, sinala o alcalde, Juan González, sobre estes gravados nos que se aprecian a simple vista cazoletas, círculos concéntricos e muíños naviculares.

Nos paneis informativos que se instalen en cada unha das oito localizacións aproveitarase tamén para divulgar outros elementos patrimoniais de interese próximos, como podería ser a mámoa das Requeixas en Priegue