O campo municipal da Gándara acolleu o XXIX Torneo de Fútbol Vila de Salceda coa celebración do partido entre o Caselas FC e a Unión Deportiva Atios. Na previa ao encontro realizouse unha emotiva homenaxe ao ex xogador Nacho Gil Domínguez. A alcaldesa Verónica Tourón e o concelleiro de Deportes Rubén González asistiron ao encontro e entregaron os trofeos ao 1º e 2º clasificados que foron doados polo Concello. Agradeceron á Unión Deportiva Atios a súa participación no torneo e trasladáronlle os parabéns polo seu triunfo, á vez que desexan ao Caselas FC moitos éxitos nesta tempada 2022-2023