O Porriño acolle esta fin de semana a XXVI edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que como sempre se desenvolverá na zona peonil do centro urbano da vila.

Participarán máis de vinte stands con ofertas nunha ampla de produtos e sectores. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos que se oferten con con descontos de ata o 70%.

O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar hoxe sábado de 10.00 a 21.00 horas e mañá domingo de 11.00 a 20.00 horas, en horario ininterrompido.

Música e animación infantil

Ademais, hai inchables para os máis pequenos, que poderán estar cos Bolechas, hoxe a partir das 17.30 horas, e con personaxes Disney, mañá entre ás 17.00 e as 18.30 horas.

Tamén hoxe a pequena pianista Dasha ofrecerá un concerto, ás 19.30 horas. E para mañá ás 20.00 horas está programada outra actuación musical.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, convida a toda a veciñanza “a encher as rúas unha vez máis e desfrutar da vila mentres se benefician dos mellores descontos, á vez que contribúen a dar pulo ao noso comercio local.