O Concello de Mos organizou o pasado luns unha tarde de convivencia para os 9 nenos e nenas saharauis que pasan as súas Vacacións en Paz con familias da localidade. Trátase de Sara, Galia, Jadiya, Salca, Salaca, Mulay, Muna, Salem e Marua, que gozan do verán con familias mosenses de acollida das parroquias de Louredo, Dornelas, Pereiras, Cela, Guizán e Mos. Todos pasaron unha divertida tarde na Piscina de San Eleuterio, onde estiveron acompañados polas súas familias, os seus amigos e amigas feitos en Mos e as concelleiras Sara Cebreiro e Julia Loureiro. Despois de dous anos sen poder levar a cabo o programa de acollida de nenos saharauis, Vacacións en Paz, debido á pandemia, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), retomou este ano este programa, e os nenos e nenas saharauis puideron vir a pasar os meses de verán a Galicia, entre outros puntos, a Mos. Os cativos asentados en Mos durante o verán gozaron dunha tarde de piscina, xogos e merenda campestre, onde o pasaron moi ben.