O Concello de Baiona ten hoxe unha nova visita guiada para dar a coñecer o casco histórico da vila aos seus visitantes pero tamén aos veciños que o desexen. A ruta sairá ás 11.00 horas do exterior da oficina de turismo cunha duración aproximada dunha hora e media. Está organizada pola Concellería de Turismo pero require inscrición previa a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal ou por teléfono 986687067.

Baiona acollerá este luns, 15 de agosto, unha das citas do Festival Mundial do Ilusionismo, Galicia Ilusiona. Será, ás 20.00 horas, nos Xardíns da Casa da Navegación, a cargo da compañía Pista Catro, co espectáculo “El autoestopista”, un espectáculo familiar. Ademais, tamén o luns a parroquia de Baíña celebrará a súa festa de Santa Marta, durante todo o día.

O martes, 16 de agosto, unha nova conferencia enmarcada no ciclo “O falar das pedras”. Nesta ocasión Fernando Bartolomé abordará “Memorias de un cangrejo ermitaño” de Adolfo Valverde Quintas. Ás 20.30 hors, no Multiusos de Sabarís.

O martes 16 de agosto, Baiona ofrecerá a oportunidade de ver un espectáculo de títeres. Será nos Xardíns da Casa da Navegación, ás 21.30 horas. A compañía Títeres Micromina escenificará “O Raio the loubican”. A noite pechará con cine na Praza do Concello, ás 22.30 horas, coa proxección da película “Bebé jefazo, negocios en familia”.

O mércores, 17 de agosto, Baiona propón teatro para gozar do solpor. Ás 21.00 horas, representación teatral de “La Tempestad” da compañía Non sí Teatro. Será na Praia Barbeira ás 21.00 horas.

Música de Seitura, o xoves, 18 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza do Concello e, de novo, música nos Xardíns da Casa da Navegación o venres, 19 de agosto, cun concerto de Rock Q’Mola. Será ás 21.30 horas.

A semana seguinte continuará a programación cultural en Baiona co ciclo “O Falara das Pedras”. O luns, 22 de agosto, o multiusos de Sabarís acollerá “Restauración y conservación del retablo mayor de Santa María de Baiona. Preservando el patrimonio” a cargo de Celia Casás.

O martes, 23 de agosto, arrancará o II Mercado Mariñeiro no parque da Palma durante todo o día. Unha oportunidade para ver un revolto artesán galego.

A Praza do Concello acollerá unha actuación da Escola de baile LDanzia, ás 21.30 horas. e no adro da igrexa de Baredo, tamén o martes 23, haberá noite de cine coa proxección, ás 22.30 horas de “Spirit, indomable”.

O mércores, 24 de agosto, continuará o II Mercado Mariñeiro, no Parque da Palma, todo o día. Pola noite, ás 21.30 horas, Pepo Suevos fará rir ao público dentro do programa de monólogos “Baiona con Humor”. Será na Praza do Concello.

As actividades culturais continuarán todoo verán en Baiona. Poden consultarse na páxina web municipal www.baiona.gal.