As porriñesas e porriñeses terán hoxe unha noite de cine, de balde. Será ás 23.00 horas no barrio de San Bieito, onde se proxectará “Mirai, mi hermana pequeña”. Un film de animación xaponés que dura algo máis dunha hora e media.

O espectáculo Mixturarte será a proposta cultural para mañá, ás 22.30 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios. A artista Ana Belén Rodríguez García deleitará ao público cun concerto de piano no que se estimulan todos os sentidos. É un evento incluído no programa Cultura no Camiño, da Xunta.

A programación cultural no Porriño continuará o venres, 19 de agosto, cun monólogo do popular actor, guionista, presentador e por suposto monologuista Oswaldo Digón. Será ás 22.30 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Teatro é a proposta no Porriño para o vindeiro sábado, 20 de agosto. “Cachosdesqueches” a cargo de Cía Que 2. Serán catro sketches humorísticos dirixidos sobre todo a público adulto. A función comezará ás 21.00 horas e será no centro cultural da Asociación Cultural As Mimomas de Carracido. A entrada é libre ata completar as prazas.

O barrio de San Bieito acollerá tamén o sábado 20 a obra de teatro “Tantos anos de silencio”, ás 22.00 horas. Unha adaptación da novela homónima do autor Francisco Castro. Está enmarcada no Ciclo de Teatro FeteaGal, e será representada a cargo da compañía Teatro EsteTa.

O Porriño tamén terá un domingo teatral o 21 de agosto. Tamén dentro do ciclo FeteaGal, a compañía Oreteiro representará a obra “Arrítmia” no Parque do Cristo, ás 22.00 horas. Dúas anciáns dunha residencia da terceira idade comparten os seus temores sobre a súa etapa final da vida.

A última fin de semana de agosto, O Porriño tamén aposta polo teatro. O sábado 27 de agosto, a compañía Fulano, Mengano e Citano representarán a súa montaxe “Top manta”, ás 21.30 horas na Praza da alameda da Avenida de Galicia. Unha obra incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta con motivo do Xacobeo. Unha comedia de risa garantizada.

En engadido, O Porriño acollerá do 26 ao 28 e agosto as súas grandes Festas de San Sebastián, con verbenas e moita animación.