O Concello da Cañiza ten programado un verán cheo de actividades tamén despois desta fin de semana grande da Festa-Feira do Xamón (páxina 2). O martes 16 de agosto haberá sesión de cine na Praza Maior. Proxectarase “Operación Camarón” ás 22.15 horas, na Praza Maior.

O mércores, 17 de agosto, actuación do grupo de rock Suevia, ás 22.00 horas, na Praza Maior, dentro do programa Mulleres en Acción Violencia Zero.

O xoves 18, batalla de rap na Cañiza, “Pelexa de galos”, ás 22.00 horas na Praza Maior.

Tempo de maxia co semifinalista de Got Talent, o mago Samuel Moreno, o venres 19, ás 22.30 horas, na Praza Maior.

O sábado 20, teatro coa obra “O mel non caduca” coa compañía Ibuprofeno Teatro, ás 21.30 horas, no auditorio da Casa de Cultura.

O domingo 21, xantar popular con sardiñada e churrasco na Carballeira do Cacharado. Actuación da charanga Noroeste e da Asociación Cultural Os furafollas. Ás 17.00 horas, inchables e festa da escuma.