Catorce deportistas do Kickboxing Club Arcade participaron como membros da Selección Galega nesta competición celebrada en Córdoba, que congregou a máis de 1.400 deportistas de toda España. O resultado: 9 ouros, 10 pratas e 6 bronces que manteñen ao Kickboxing Club Arcade como o máximo referente deste deporte en Galicia e un dos mellores a nivel nacional.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu aos deportistas no Concello nun acto no que, ademais de trasladarlle os parabéns polo seu traballo, deulles un pequeno detalle a modo de agradecemento.