A 27 edición da Festa da Lamprea seca celebrarase en Arbo a fin de semana do 12 ao 14 de agosto coa estrea do distintivo de Festa de Galicia de Interese Turístico. Ademais de poder degustar lamprea do Miño na súa variante “afumada” en distints preparacións, a veciñanza e os visitantes de Arbo poderán pasalo ben nas distintas actividades organizadas polo Concello para eses tres días.

Será o venres 12 de agosto cando se inaugure a festa. A celebración comezará ás 12.00 horas con ruada a cargo da charanga Noroeste. A continuación, ás 12.30 horas, será a inauguración dos postos de degustación da lamprea seca e os viños das adegas de Arbo con D.O. Rías Baixas na Carballeira de Turbela.

A Praza Consistorio acollerá a Gala da Lamprea, ás 20.30 horas, amenizada por Manoele de Felisa e ás 22.30 horas dará inicio a actuación do grupo Os Mecánicos.

A festa seguirá o sábado, 13 de agosto. Ás 10.00 horas terá lugar unha andaina popular. Ás 11.00 horas, os postos de degustación abrirán as súas portas e dará inicio a Feira de Artesanía e Antigüidades, ademais das visitas guiadas ao centro de interpretación do Viño e ao Lamprea “Arabo”. Ás 12.00 horas actuará o grupo A.C. Barca de Loimil e ás 12.30 horas o grupo O Son das Tabernas.

Ás 17.30 horas a charanga Cantos Somos animará a festa e ás 18.00 horas os pequenos poderán gozar cun inchable gratuíto. Ás 20.00 horas o grupo Guezos ofrecerá un concerto e ás 22.30 horas será a quenda do concerto do grupo D´Vacas.

Xa o domingo, 14 de agosto, comezará ás 10.00 horas a festa da bicicleta que sairá da praza do concello. Ás 11.00 horas abrirán os postos de degustación e a Feira de Artesanía e Antigüedades. Tamén comezarán as visitas guiada ao centro de interpretación “Arabo”. Ás 12.00 horas actuará a A.C. A Vella Barca e ás 12.30 horas animará o grupo 2Tipos.Pola tarde, desde as 17.30 horas, a charanga Os Encerellados animará ao derradeiro día de festa.