Redondela

Tres rutas dan a coñecer a actividade mariñeira

Celébranse na enseada de San Simón y Son de balde, con prazas limitadas e inscrición

Mariscadoras na praia de Cesantes coa illa de San Simón ao fondo.  | // FDV

Mariscadoras na praia de Cesantes coa illa de San Simón ao fondo. | // FDV / l. c.

l. c.

[Redondela]

Vive a pesca da sardiña e da xouba na ría de Vigo coa ruta do xeito, vive o traballo diario das mariscadoras da ría coa ruta do marisqueo a pé e vive a actividade da lonxa de cesantes coa ruta do porto. Así se presenta “Redondela Mariñeria” un programa de rutas guiadas organizadas polo Concello, en colaboración coa asociación Amarturmar, cuxo obxectivo é dar a coñecer a actividade pesqueira e marisqueira da enseada de San Simón, “un dos elementos máis importantes da dinamización económica do municipio”, asegura a alcaldesa Digna Rivas incidindo na finalidade “de poñer en valor tanto a contorna incomparable que ofrece a enseada como a actividade económica que se desenvolve nese espazo único”

A ruta do xeito celebrarase os días 22 e 29 de xullo ás 22.00 horas, a do marisqueo a pé o 13 (10.30 h) e 27 (10.00 h) de agosto e o 10 (10.00 h) e o 24 (09.30 h) de setembro e a ruta do porto, logo de realizarse xa os días 2 e 15 deste mes resta unha máis no programa, a do sábado día 30, ás 10.00 horas.

Todas estas actividades, organizadas polo Concello de Redondela, son gratuítas aínda que con prazas limitadas, polo que é preciso realizar reserva previa no teléfono 621 020 775 ou no correo electrónico amar-turmar@gmail.com.

Para os que se queden sen praza ou prefiran outras datas e horario teñen a posibilidade de realizar estas mesmas e outras rutas acompañados igualmente de profesionais do sector a través da asociación Amarturmar, que organiza estas visitas guiadas ao longo de todo o ano.

Tracking Pixel Contents