Axenda
Soutomaior oferta dende deporte na praia ata un roteiro astronómico
Os luns e martes hai baile nos areais y Hoxe, ás 20.30 h, gala fin de curso con exhibicións deportivas e música

Sesión de aquadance, todos os martes, na praia de Arcade. | // FDV / l. costas
A axenda cultural e deportiva no Concello de Soutomaior non en época estival. Ao longo dos meses de xullo e agosto lévase a cabo a iniciativa En movemento no verán! con sesións de baile variado todos os luns na praia de Veiguiña Longa (Camboa) e os xoves na pista de patinaxe do peirao de Arcade, de 20.00 a 20.50 horas e os martes, aquadance na praia de Arcade, de 18.00 a 18.50 horas; actividades sen inscrición previa e de balde para todos os públicos.

Participantes no roteiro Da Peneda ás estrelas. / l. costas
E seguindo con deportes, hoxe mesmo, a partir das 20.30 horas, celebrarase a gala fin de curso a cargo da Escuela Lucy Salsarrica Enmovento, na que alumando e docentes do centro farán baile, acrobacias, taekwondo, zumba e step, entre outras actividades deportivas, contando coa música en directo a cargo de Miguel Combarro.
A comezos de mes realizouse o roteiro Da Peneda ás estrelas no que participaron varias decenas de persoas que, dende o alto do monte coa axuda dun telescopio e dun guía especializado, puideron ver moi de preto a lúa, para máis tarde desfrutar dunha noite estrelada, mentres aprendían a posición e a utilidade das distintas constelacións. E o pasado mércores comezaba outra das actividades programadas neste verán, a creación de castelos de area na praia, que se repetirá os dous seguintes mércores, 20 e 27 de xullo. En horario de 17.00 a 18.30 horas toda aquela persoa que o desexe pode participar da construción de figuras e castelos aprendendo novos trucos e técnicas e coñecer, da man de persoas expertas, as areas, os substratos e toda a flora e fauna das praias.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados
- «Sé que va a ser difícil, pero quiero volver a la normalidad»
- Comienza la revolución de Celta360