Deportes
A ruta BTT Lamprea do Río Miño celébrase o domingo 7 de agosto
Está aberto o prazo de inscrición

Participantes nunha ruta BTT anterior. | // FDV / l. c.
l. c.
O vindeiro 7 de agosto Arbo, acolle unha das tres Deporuta BTT organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Arbo. Esta semana abriuse o prazo de inscrición, que permanecerá aberto ata o 1 agosto e debe realizarse en liña, a través da web depo.gal. Hai 200 prazas dispoñibles
O domingo pasado celebrouse a ruta BTT da Vía Verde en Vilagarcía, o domingo 7 de agosto terá lugar esta, a da Lamprea do Río Miño e xa para o mes de setembro, o día 18, está programada a da Serra do Candán, en Forcarei.
A iniciativa enmárcase na programación deportiva DepoActívate para o fomento de hábitos saudables a través da práctica de actividade física e deportiva en contacto coa natureza
O programa está dirixido ás persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza. As “Depo Rutas BTT” abren a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da provincia.
O programa está dirixido a persoas maiores de 16 anos, que se consideren aptas para levar a cabo a actividade. Os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa representante ou titora legal.
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- El trabajo del Aeródromo Militar de Santiago: «Si Rusia nos amenaza podemos responder en solo 15 minutos»
- Muere un hombre en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Europa considera ilegal la ampliación de la concesión de la AP-9
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Muere un motorista de O Rosal al chocar con un coche cuyo conductor se dio a la fuga
- Condenados a 22 y 15 años de cárcel los dos acusados de incendiar dos «vitrasas» en Vigo