Bulsata Tributo a Queen foron os encargados de abrir, o pasado sábado, os concertos de rock programa-dos para este verán no Concello de Redondela. A seguinte cita será esta mesma noite, coas actuacións de Elëven e de Miguel Costas na Praza da Torre, ás 22.30 e 23.45 horas respectivamente.

Os concertos proseguirán o 27 de xullo con M-Clan, será no Campo da feira a partir das 22.00 horas.

Dúas serás as citas no mes de agosto, a primeira o día 6 co Berete Rock, no paseo marítimo de Chapela, onde actuarán Los Motores y Atreides, El Tren, Nostromo e Moon Cresta; e a segunda o día 20, no campo da feira, coa xira do 30 aniversario dos Heredeiros da Crus.

O último dos concertos será o día 3 de setembro ás 21:30 horas na Praza da Torre con RMS.