Patinaxe

Podio completo para as patinadoras de Gondomar no campionato provincial

O club logra ademais un cuarto posto no europeo de grupos show celebrado en Italia

Infantís do CPA Gondomar no campionato celebrado en Redondela.  | //FDV

Infantís do CPA Gondomar no campionato celebrado en Redondela. | //FDV / l. c.

l. c.

[Gondomar]

“Abraiante”, así cualifican dende o Club Patinaxe Artística Gondomar o vivido a pasada fin de semana logo de conseguir o podio completo no Campionato Provincial Benxamín-Infantil e o cuarto posto na European Championship de show, en Italia.

Grupo show pequeno CPA,  no campionato europeo en Italia.  | // FDV

Grupo show pequeno CPA, no campionato europeo en Italia. | // FDV / l. c.

A primeira das competicións celebrouse en Redondela e alí, na compaña do adestrador David Figueroa, as infantís Carla Gilsanz, Lena Castro e María Moldes lograron o ouro, a prata e o bronce, respectivamente.

Por outra banda, o grupo de show denominado Last Kaneri, xunto coa adestradora e preparadora física maría Nombela, disputaba o Campionato de Europa de grupos show na localidade italiana de Forlí, onde alcanzou o cuarto posto. Javier Martínez, Denís Alonso, Alba Franco, Iria Boullosa, Andrea López, Nerea Estévez, Noa Álvarez, Xiana Fernández e Nadia Iglesias volveron a casa centrados xa na súa vindeira competición en Alemania, a Final da World Cup, que se disputará en agosto en Gottingen.

Tracking Pixel Contents