O programa da Xunta de Galicia Danza 3 Xacobeo 21-22 recala en Mos coa actuación da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro. Será o vindeiro sábado, día 23 de xullo, ás 21.30 horas no Pazo de Mos.

Esta é xa a décima edición deste ciclo para a difusión do baile e a música tradicionais que comprende 15 actuacións ata o mes de setembro noutros tantos concellos das catro provincias. Na de Pontevedra, Mos é o único da bisbarras, os outros son Lalín, Marín, Sanxenxo e Vilanova de Arousa.

Dende o seu nacemento no ano 1996, o obxectivo da ACF O Fiadeiro vén sendo a recuperación da cultura tradicional galega, con interese principal nos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros, nun incesante traballo de investigación etnográfica e traballos de campo.