Cultura
Música, cine, feiras e deporte na axenda de lecer da Guarda
Hoxe celébranse as Festas do Carme
l. c.
A axenda de verán do Concello da Guarda arrancou con A Guarda Diversa, A Guarda Mar de Blues e a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, nunha fin de semana intensa e chea de propostas na que non faltou a música, o ocio e a boa gastronomía.
Onte e hoxe estanse a celebrar as Festas do Carme no Porto da Guarda e a seguinte cita da programación será o vindeiro xoves, día 21, coa proxección da película “Bella y el circo mágico”, ás 22.30 horas na Praza do Reló. Xa o sábado 23 terá lugar unha feira outlet organizada por Orpagu na Praza de Avelino Vicente e, nesa mesma xornada, celebrarase a II Carreira de Orientación (inscrición e información na web www.xestanatureza.com) e o encontro dos pobos da A. C. Do Lusco ó Fusco, ás 20.30 horas no auditorio de San Benito.
Xa a última fin de semana do mes de xullo volverá outra das citas gastronómicas por excelencia da vila mariñeira, a Festa do Peixe Espada, os días 29, 30 e 31, polos restaurantes da localidade.
Exposición
A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles
- Detenido un hombre en Vigo por circular drogado en patinete con un ave exótica atada a un transportín