“Decidín vivir unha experiencia e seguir crecendo a nivel deportivo e persoal”
A vindeira tempada será a cuarta desta guardesa en terras andaluzas y Aos 31 anos conta cunha Liga, dúas copas da Raíña, unha Supercopa de España e unha EHF European Cup

Estela Doiro, co trofeo da EHF European Cup. | // D. P. / lucía costas
Leva tres anos en Málaga no Club Balonmano Femenino Costa del Sol, a vindeira tempada será xa a súa cuarta en terras andaluzas, e a guardesa Estela Doiro non deixa de colleitar éxitos e crecer profesionalmente. Aos seus 31 anos conta cun palmarés envexable e aínda que non ten plans a medio prazo si sabe que, en canto remate a súa carreira deportiva, dedicarase á docencia.
Comezou a xogar dende moi pequena, con 6 anos. “Veu unha persoa do Guardés ao colexio a preguntarnos se queríamos ir a probar ao club, fun e gustoume moito, pasábao xenial e tiña ás miñas amigas”. Pasou por todas as categorías de base do equipo da súa vila natal, logo estivo uns anos no Porriño onde ascendeu a División de Honra, “un momento que gardo con moito cariño na miña memoria” asegura. Regresou ao Guardés, co que conseguiu un título de Liga “un sono e un momento inesquecible na miña vida; foi precioso o poder gañar esta competición e celebralo na casa”, e de aí a onde está agora.
“A verdade é que tiña varias opcións e destinos para decidir pero decanteime por Málaga polo proxecto deportivo e o interese que amosaron en min. Foi unha decisión moi complicada e moi dura. Non sabía se facía ou non o correcto, unha parte de min dicía que me quedase, por todo o que significaba o club para min, por estar na miña casa, na Guarda, coa miña familia e amigos... pero, por outro parte, sabía que era o momento de saír, de vivir unha nova experiencia, de seguir crecendo e madurando, de saír da miña zona de confort. E, ao final, logo de falalo moito e darlle moitas voltas, decidín saír, vivir unha experiencia e seguir crecendo en todos os aspectos, a nivel deportivo e persoal”.
O reto está máis que acadado, “co Málaga levamos dous anos incribles, de moito traballo e no que conseguimos dúas copas da Raíña, unha Supercopa de España e unha EHF European Cup”.
Plans de futuro
A próxima tempada seguirá en Málaga, “un aniño máis polo Sur”, e a medio prazo “aínda non sei... terei que ir vendo e valorando sobre a marcha. É certo que quero aproveitar o tempo que me quede no balonmán pero está claro que isto non é eterno”, remarca. Estela Doiro ten a carreira de INEF e tamén a formación para ser mestre en Educación Primaria. “Encántame a docencia e tamén me gustan os nenos e nenas así que cando remate a miña carreira deportiva gustaríame dedicarme a elo para o cal me formei e me seguirei formando”.
A Guarda
Aínda que Estela Doiro estea fisicamente en Málaga o seu corazón quedou na Guarda. “A miña familia e amigos seguen aquí, así que, sempre que podo veño a casa para estar con eles, desconectar e aproveitar dos días en Galicia y na Guarda. A terra é a terra.
Para Estela “A Guarda é casa. Sempre que podo presumo do meu pobo, unha vila pequeniña, tranquila e con moito encanto”. E o cariño cara ao pobo da Guarda é mutuo, “recibo mensaxes de felicitación e apoio da veciñanza, tamén do Concello, e é de agradecer todos estes detalles, máis aínda cando estás fóra”.
Dende o Concello da Guarda queren recoñecer a traxectoria desta veciña e deportista de elite, que leva o nome da vila alá por onde vai.
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- El trabajo del Aeródromo Militar de Santiago: «Si Rusia nos amenaza podemos responder en solo 15 minutos»
- Muere un hombre en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Europa considera ilegal la ampliación de la concesión de la AP-9
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Muere un motorista de O Rosal al chocar con un coche cuyo conductor se dio a la fuga
- Condenados a 22 y 15 años de cárcel los dos acusados de incendiar dos «vitrasas» en Vigo