O Concello de Salvaterra de Miño loce a bandeira LGTBIQ+ no balcón da casa consistorial para darlle visibilidade a este colectivo e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente.

Dentro das accións de apoio a esta causa a localidade acolleu unha actividade na praza do Concello, onde se involucrou a parte do alumnado do instituto.Incluiu dinámicas grupais sobre as consecuencias da falta de apoios para as persoas LGTBIQ+ e un obradoiro de camisetas.

Ademáis ata o luns mantense aberto o concurso de eslóganes con motivo do Día do Orgullo. Para participar hai que enviar a frase proposta a animación@concellodesalvaterra.org.