Un total de 161 estudantes de Educación Infantil e Primaria do CEIP Atín-Cela participaron nunha visita guiada polas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta en Pereiras.

Os cativos estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro.

O alumnado puido coñecer en profundidade e en persoa o lugar onde adestran os seus ídolos, todos os seus recunchos e instalacións.