O Concello de Mos vén de asinar os convenios de colaboración para as subvencións anuais a entidades culturais e a clubs e deportistas incluídas no orzamento municipal de 2022. No primeiro apartado son catro os convenios, coa Escola de Música e Conservatorio Profesional de Torroso, a Banda de Música Xuvenil de Torroso, a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña e o Belén de Herville, os cales suman un total de 67.100 euros.

No eido deportivo os beneficiarios son a UD Mos, o Club Louro Tameiga, o Club Tenis de Mesa, o Club Xadrez Mos, o Club Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club Patinaxe Artístico Rosaleira, Xiramos, o nadador Juan Ferrón, a bailarina Patricia Martínez e a ciclista Susana Alonso. Nestas 11 subvencións o Concello inviste 77.600 euros.