O Concello de Moaña, a Asociación Moaña Antiqua e Satya Seema Kaur organizan no arboredo de A Xunqueira, o vindeiro domingo 12 de xuño, a segunda Feira da Vida Saudable. Haberá múltiples actividades e obradoiros ao longo de toda a xornada dirixidos a tódolos públicos.

Así, a festa dará comezo ás 11.00 horas e media hora máis tarde terá lugar a primeira das clases de ioga, a cargo de Pilar Curro. Esta práctica repetirase pola tarde, ás 16.00 horas, con “ioga en familia” e ás 17.30 horas, nesta ocasión impartida por Marta Conde.

O Obradoiro Moaña Moza II levará a cabo unha serie de actividades infantís, dirixidas aos máis pequenos da casa, serán ás 12.00 e ás 17.15 horas.

ÁS 12.30 horas Carla Freire ofrecerá unha charla sobre hábitos saudables e de 13.30 a 16.00 horas está programado o xantar.

Tamén o baile terá protagonismo nesta xornada, ás 18.30 horas haberá biodanza con Sara Rodríguez e ás 20.00 horas bollywood con Margarita Outeiral.

Para rematar, concerto meditativo con Adrián Barreiro ás 21.00 horas. Ás 22.00 horas peche e despedida.