O auditorio do Concello de Nigrán acolle hoxe, ás 20.00 horas, un concerto enmarcado no I Ciclo de Xóvenes Intérpretes, a cargo da saxofonista Laura Medina, a pianista Lucía Moreno e a bailadora María Arroyo, chegadas dende Córdoba. E o seguinte sábado, no mesmo lugar e hora, dentro do ciclo musical Redeiras, concerto de Sabela Cereijo.