O Concello de Nigrán celebra mañá o seu ‘I Roteiro Canino’ por Monteferro coa organización a cargo do Rey Midas. Partirá ás 12.00 horas do Monumento á Mariña Universal para percorrer 3,2 quilómetros polos sendeiros desta península. Os interesados en participar deben inscribirse en www.nigran.es ou no propio lugar de 11.00 a 11.45 horas. Ao finalizar a andaina organizaranse actividades que constarán de diferentes xogos con premios.