Solidariedade

Redondela marcha contra o cancro

Será o 5 de xuño con saída ás 10.30 horas da Alameda

l. c.

A Asociación Española contra o Cancro en Redondela e o Concello organizan o domingo 5 de xuño unha marcha a pé de 8 quilómetros. Trátase da terceira edición desta iniciativa solidaria e de concienciación.

O percorrido ten como punto de inicio a Alameda de Castelao en Redondela, ás 10.30 horas. Dende aí comeza a ruta, de dificultade baixe, e que discorrerá polo Paseo Val do Maceiras, Paseo da Portela e regreso ao punto de partida.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na sede local da Asociación Española contra o Cancro, no edificio multiusos da Xunqueira, os mércores de 12.30 a 14.00 horas, ou senón chamando aos números de teléfono678 515 646 ou 654 235 376. A inscrición ten un custe de 6 euros e inclúe unha camiseta de regalo e bolsa de avituallamento.

Tracking Pixel Contents