O Concello de Salvaterra de Miño levou a cabo a plantación de distintas árbores na praza do Castelo, dentro do recinto amurallado. Esta actuación forma parte da liña de acción de acondicionamento e mellora do entorno histórico da localidade, ao que pronto se lle unirá a humanización das rúas internas e da praza da Oliva; dentro do propio Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible aprobado polo goberno local.

O espazo onde se actúa, a praza forte de Salvaterra, foi obxecto de intervención de varios proxectos, cun control arqueolóxico de movemento de terras e un levantamento topográfico dos restos existentes, que permiten na actualidade actuar baixo a rasante existente sen perigo de afectar aos restos arqueolóxicos que alí se atopan.

Con esta plantación de árbores autóctonas no interior do recinto preténdese mellorar a calidade ambiental do entorno, que a día de hoxe carece apenas de vexetación, e crear zonas de estancia e de reunión necesarias para unha mellor vivencia da fortalez a por parte dos seus residentes e visitantes.