O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” que arrancou a semana pasada no Mercado do Grove con grande éxito de participación chegará o vindeiro mércores, ás 11.00 horas, ao mercado de Gondomar.

Será o alumnado do CIFP Manuel Antonio o encargado de elaborar as propostas gastronómicas que consistirán nunha cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada; risotto cremoso de grelos con brocheta de galiña; desfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; tirabuzóns de calamar crocantes sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

Logo de pasar por varios mercados da provincia, “Degusta Europa” rematará o martes 31 de no da Guarda.